Un concerto nun espazo único, unha nova canle de intercambio entre a escena de New York e o jazz galego


.

O batería neoyorkino Bill Goodwin, unha das lendas vivas do jazz estadounidense, xunto con Adam Niedwood, Abe Rábade e Paco Charlín uníronse no Festival dos Abrazos de Compostela.

No marco singular do Parque de Bonaval cruzáronse os sons do jazz neoiorquino cos novos vieiros do jazz feito en Galicia, un diálogo do que xorde este disco gravado ao vivo, un encontro único de música e sensacións universais.

Bill Goodwin é un dos bateristas máis reputados da escena do jazz nos Estados Unidos. Formouse no piano e o saxo tenor, pero decidiu que o seu era a batería logo de escoitar o xeito de tocar de Shelly Manne na banda sonora da película O home do brazo de ouro. Ao longo da súa carreira, compartiu escenario con grandes instrumentistas de jazz como Bill Evans, Art Pepper, ou Keith Jarrett e tamén con artistas máis próximos ao pop-rock como Tom Waits.

A sangue nova da parte neoiorquina pona Adam Niewood, un músico novo pero experimentado, que se achega a novas formas musicais. Adam coñeceu a Bill Goodwin porque este traballara moitas veces con seu pai, Gerry Niewood. Agora colaboran con frecuencia en directos e gravacións, e Goodwin produciu en 2003 o seu primeiro álbum como líder, Introducing Adam Niewood.

Da parte galega deste cuarteto, Abe Rábade é unha das figuras esencias do jazz feito na nosa terra actualmente. Comezou a súa formación con só catro anos e exerce como pianista, compositor e docente. Na súa traxectoria acompañou e estivo acompañado de músicos da talla de Jeff Williams, Bruno Pedroso, Jesús Santandreu, Perico Sambeat ou Raynald Colom.

Por último, tambén desde a terra, o baixista Paco Charlín completará o conxunto. Este músico de sólida formación, conta cunha gran reputación, o que o levou a ser reclamado para numerosas gravacións de músicos como Marcos Teira, Paulo Perfeito, Rui Veloso ou Chris Kase.

.

‘BILL GOODWIN QUARTET – live in santiago’.
1.- Waltz for Trane (Abe Rábade)
2.- Along Came Betty (Benny Golson)
3.- Satellite (John Coltrane)
4.- Reflections (Thelonious Monk)
5.- Barefoot Sunday Blues (Cannonball Adderley)
6.- All the things you are (Jerome Kern)
8- ‘Later’.

.

BILL GOODWIN : drums
ADAM NIEWOOD : tenor sax
ABE RÁBADE : piano
PACO CHARLÍN : double bass

Recorded Live in Bonaval (Santiago de Compostela, Galiza) on August 16, 2009 during the “Festival dos Abrazos”.

Sound Engineers: Jose Manuel Pensado and Florentino Balado.

Mastered @: Impact Mastering Labs (Barcelona, Catalunya) on February and March, 2010.

Mastering Engineer: Álvaro Balañá

Produced by Abe Rábade for AZOS jazz.

Design: Elba Fernández (falcatruada)

Photography: Dani Blanco

Bill Goodwin Painting by Deli Sánchez