You are currently browsing the category archive for the ‘Álvaro Vieito’ category.
No mes de maio Álvaro darase a coñecer ao vivo nunha amplia xira que arrinca do Dado Dadá o 25 de maio e rematará en Vigo o 5 de xuño, logo de percorrer as principais salas de Galiza e recalar en Madrid o 28 de maio.
Nesta xira, a formación será a mesma que gravou o disco:
Masahiro Yamamoto_saxo alto e soprano, Ross Gallagher_contrabaixo,
Max Gómez_batería; sumándose Yago Vázquez_rhodes
Martes 25 de Maio @ Dado Dadá Jazz Club, Santiago de Compostela
Mércores 26 de Maio @ Borriquita de Belém, Santiago de Compostela
Xoves 27 de Maio @ Jazz Filloa, A Coruña
Venres 28 de Maio @ El Junco, Madrid
Sábado 29 de Maio @ Bla Bla Café, Ferrol (A Coruña)
Domingo 30 de Maio @ Salgueira, O Porriño (Pontevedra)
Martes 1 de Xuño @ Dado Dadá Jazz Club, Santiago de Compostela
Xoves 3 de Xuño @ Malas Pécoras, Santiago de Compostela
Venres 4 de Xuño @ IES Ribeira do Louro, O Porriño (Pontevedra)
Venres 4 de Xuño @ Groliños, Salceda de Caselas (Pontevedra)
Sábado 5 de Xuño @ La Galería, Vigo (Pontevedra)
Xa podedes atopar en www.azosjazz.com un listado de tendas online para conseguir directamente o disco en formato dixital ou físico.
Como podedes comprobar, o traballo gráfico do disco, cun amplio libreto, ben merece facerse co formato editado.
O debut dun cuarteto internacional
.
Introducing Álvaro Vieito é o álbum debut do guitarrista e compositor galego do que toma o nome. O d’O Porriño lidera un cuarteto internacional co xaponés Masahiro Yamamoto ao saxo alto, o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo, e o galego Max Gómez na batería.
.
O disco preséntase este martes 20 de abril ás 20:30 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, dentro do ciclo “Música Presente”.
Para esta cita Álvaro dispón dunha formación de luxo, ‘Alvaro Vieito 5’:
Rosolino Marinello_saxo tenor | Xan Campos_rhodes |
Juansy Santomé_contrabaixo | Max Gómez_batería |
.
No mes de maio Álvaro darase a coñecer ao vivo nunha amplia xira que arrincará do Dado Dadá o 25 de maio e rematará en Vigo o 5 de xuño, logo de percorrer as principais salas de Galiza e recalar en Madrid o 28 de maio (Sala Junco).
Nesta xira, a formación será a mesma que gravou o disco:
Masahiro Yamamoto_saxo alto e soprano, Ross Gallagher_contrabaixo, Max Gómez_batería; sumándose Yago Vázquez_rhodes