You are currently browsing the category archive for the ‘Alberto Vilas’ category.

Experianza preséntase nos mellores festivais de verán en Galicia:

Imaxinasons – 29 e 30 de Xuño – Xancarajazz, Vigo – 1:30h da madrugada
Festival Via Stellae – 8 de Xullo – Praza de abastos,  Compostela – 22:30 h.
Nigrán Jazz – 10 de Agosto – Esteiro da Foz, Ramallosa – 20:00h

.

.
Chega a terceira aposta de Azos, Experianza de Alberto Vilas Quinteto é o disco debut do pianista de Redondela que lle dá nome. Un proxecto persoal, sincero e sentido. Unha proposta fresca, coas raíces asentadas na tradición galega e unha manchea de pólas frondosas nas que se misturan múltiples sonoridades.

Bill Evans, Keith Jarrett, Thelonious Monk… a Experianza de Alberto Vilas medrou alimentada pola forza da música académica, tanto clásica como contemporánea, pero na súa identidade subxace a música americana dos 40, 50 e 60. Un certo tipo de improvisación, de linguaxe, de son. Un swing que o Quinteto matiza con cun toque europeo e, incluso, africano e máis coa influencia decisiva dos seus referentes galegos. Un son tan fresco, tan natural, que medra aínda gravado. Con cada escoita seguen brotando cousas, sen presa pero sen pausa. Sentimentos 0% tranxénicos, 100% naturais.

Nesta xira, a formación será a mesma que gravou o disco: Alberto Vilas (piano), Felipe Villar (guitarra), Juansy Santomé (contrabaixo), Rosolino Marinello (saxos) e Javier Barral Carro (batería)


Clavicémbalo (Lugo) – venres 27 Abril
Liceum (Porriño) – luns 30 de Abril – 23:30
Jazz Filloa (A Coruña) – mércores 2 de Maio – 22:00 00:00
Náutico (O Grove) – sábado 5 de Maio

.

.

En breve xa estará dispoñible toda a información das novidades en Azos Jazz,  entre elas o álbum debut dun sólido quinteto liderado polo pianista galego Alberto Vilas.

Este nadal xa se puido escoitar un adianto dos temas do disco no Culturgal e na Salasón. Podedes ver un resume deste último concerto en RedondelaTV

escoita en spotify!

comunicacion@azosjazz.com