.
Chega a terceira aposta de Azos, Experianza de Alberto Vilas Quinteto é o disco debut do pianista de Redondela que lle dá nome. Un proxecto persoal, sincero e sentido. Unha proposta fresca, coas raíces asentadas na tradición galega e unha manchea de pólas frondosas nas que se misturan múltiples sonoridades.

Bill Evans, Keith Jarrett, Thelonious Monk… a Experianza de Alberto Vilas medrou alimentada pola forza da música académica, tanto clásica como contemporánea, pero na súa identidade subxace a música americana dos 40, 50 e 60. Un certo tipo de improvisación, de linguaxe, de son. Un swing que o Quinteto matiza con cun toque europeo e, incluso, africano e máis coa influencia decisiva dos seus referentes galegos. Un son tan fresco, tan natural, que medra aínda gravado. Con cada escoita seguen brotando cousas, sen presa pero sen pausa. Sentimentos 0% tranxénicos, 100% naturais.

Nesta xira, a formación será a mesma que gravou o disco: Alberto Vilas (piano), Felipe Villar (guitarra), Juansy Santomé (contrabaixo), Rosolino Marinello (saxos) e Javier Barral Carro (batería)


Clavicémbalo (Lugo) – venres 27 Abril
Liceum (Porriño) – luns 30 de Abril – 23:30
Jazz Filloa (A Coruña) – mércores 2 de Maio – 22:00 00:00
Náutico (O Grove) – sábado 5 de Maio

.

Advertisements