O debut dun cuarteto internacional
.
Introducing Álvaro Vieito é o álbum debut do guitarrista e compositor galego do que toma o nome. O d’O Porriño lidera un cuarteto internacional co xaponés Masahiro Yamamoto ao saxo alto, o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo, e o galego Max Gómez na batería.
.
O disco preséntase este martes 20 de abril ás 20:30 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, dentro do ciclo “Música Presente”.
Para esta cita Álvaro dispón dunha formación de luxo, ‘Alvaro Vieito 5’:
Rosolino Marinello_saxo tenor | Xan Campos_rhodes |
Juansy Santomé_contrabaixo | Max Gómez_batería |
.
No mes de maio Álvaro darase a coñecer ao vivo nunha amplia xira que arrincará do Dado Dadá o 25 de maio e rematará en Vigo o 5 de xuño, logo de percorrer as principais salas de Galiza e recalar en Madrid o 28 de maio (Sala Junco).
Nesta xira, a formación será a mesma que gravou o disco:
Masahiro Yamamoto_saxo alto e soprano, Ross Gallagher_contrabaixo, Max Gómez_batería; sumándose Yago Vázquez_rhodes